Os datos desta web, no teu proxecto
GL313 centraliza información cultural, turística e territorial de Galicia e sérvea cunha API REST lista para construír webs, aplicacións móbiles, mapas interactivos, percorridos temáticos ou visitas virtuais.
Pedir acceso Ver a documentaciónQue inclúe
Contido centralizado
Textos, fotos, localizacións, horarios, prezos, contactos, axenda e rutas nun único sistema, sempre actualizado e coherente.
Todo relacionado
O patrimonio co seu concello e parroquia, os eventos cos seus espazos e participantes, as tradicións cos lugares onde se celebran.
Catro linguas
Galego, castelán, inglés e portugués en todos os textos traducibles, co mesmo enderezo.
Mapas e xeografía
GeoJSON, filtros por zona e proximidade, e os límites dos 313 concellos e máis de 3.700 parroquias.
Multimedia con licenza
Fotos, vídeos, audios, documentos e imaxes 360°, con créditos, licenza e texto alternativo.
Estándares abertos
JSON-LD (schema.org), IIIF para visores de imaxes, OAI-PMH para arquivos, RSS, iCal, KML e CSV.
Para que se usa
Webs
Recursos, espazos e actividades en estruturas claras e actualizadas.
Apps móbiles
Datos ordenados, rápidos e listos para navegar.
Mapas
Puntos de interese, capas temáticas e percorridos.
Axendas
Actividades vinculadas aos seus espazos e ao patrimonio.
Xa o usan axenda.gal e outros proxectos. E esta mesma web: abaixo de cada páxina tes as peticións exactas á API que a constrúen.
Niveis de acceso
Cada proxecto recibe un token co nivel que precisa. Todos inclúen só contido publicado.
Lectura
Patrimonio, tradicións, eventos, espazos, obras, xeografía, taxonomía, transporte e GeoJSON.
Estándar
Lectura + multimedia, busca global, estatísticas, tendencias, proximidade e autocompletado.
Avanzado
Estándar + entidades: persoas, grupos, empresas e institucións.
Completo
Todo, incluídos mapas temáticos e rutas.
Queres ver como encaixa no teu proxecto?
Contámosche como funciona, resolvemos dúbidas e preparamos un acceso de proba.
info@gl313.com